Volvin.Sinto moito a miña ausencia pero é que ultimamente non tiven moito tempo para andar por aqui.
A foto que vos deixo hoxe é
O ollo das Maldivas outra de
Yann Arthus Bertrand do seu libro
La tierra desde el cielo. Deste fotógrafo xa vos falei algunha vez e é que me encanta. Será polos lugares que fotografía, que seguramente nunca chegaremos a ver.

É unha foto curiosa pola forma do arquipélago que como todos veredes semella un ollo.Ademais, como estamos no verán pois seguimos coas praias (¿que non pasaría aqui unhas vacacións eh?)
Precisamente a industria turística está moi desenvolvida nesta illa e xera millóns de dólares, pero deberían concienciarse de que é moi importante controlar este auxe e non permitir que se destrua o seu patrimonio natural e cultural para poder seguir disfrutando de paisaxes coma esta.
Pero isto non só é labor das autoridades do propio pais senon que o comportamiento individual dos visitantes moitas veces resulta determinante, así que xa sabedes, se este verán vos pasades polas maldivas ou algún lugar paradisíaco coma este xa sabedes.Cuidadeo ben.